Catálogo de boas prácticass
Prevención de incendios, agricultura sostible, sensiblización sobre o cuidado do monte…
Comunicacións de queimas de restos agrícolas amoreados e autorizacións de queimas de restos forestais
1. Restos amoreados:
Queima de restos agrícolas amoreados: Comunicación de queima, que se realizará cunha antelación mínima de dous días
Queima de restos forestais amoreados: Autorización de queima.
A solicitude de autorización de queima presentarase cunha antelación mínima de sete días.
2. Queimas controladas:
Autorización de queima, que para a súa realización deberán contar coa presenza de persoal técnico autorizado para a xestión das queimas e con equipos de extinción de incendios.
A solicitude de autorización de queima presentarase cunha antelación mínima de sete días.
Os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas nas zonas que determina a devandita lei nos períodos habilitados poden cumprir coa esixencia de comunicación previa chamando ao teléfono 012, ou ben accedendo ao trámite de comunicación de queimas por internet.
Os cidadáns que desexen queimar restos forestais poden cumprir coa esixencia de solicitude da autorización a través do teléfono 012.
Normativa en comunicacións de queima de restos agrícolas amoreados
- A queima non se iniciará antes de saír o sol e quedará totalmente extinguida dúas horas antes do momento da súa posta.
- Previamente ao seu inicio, farase unha devasa mediante a eliminación manual ou mecánica da totalidade do material combustible nunha franxa de polo menos cinco metros de largo, rodeando o perímetro que se vai queimar.
- Non poderá iniciarse ningunha queima cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control, especialmente nos días de vento. Así mesmo, se iniciados os traballos se producise a aparición de vento, suspenderase inmediatamente a operación procedendo a apagar o lume.
- Non se abandonará a vixilancia da zona queimada, ata que o lume estea totalmente apagado e transcorresen dúas horas sen que se observen lapas ou brasas.
- O Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais poderá suspender temporalmente as comunicacións de queima, se as condicións meteorolóxicas así o aconsellan.
- A comunicación de queima non eximirá en ningún caso das responsabilidades por danos e perdas a que houbera lugar no caso de producirse un incendio forestal polo uso do lume cando concorra neglixencia ou imprudencia.
Distancias – biomasa
Vespa asiática
Protocolo de captura de raíñas de vespa asiática (Vespa velutina) .
A colocación de trampas para a captura de raíñas pode ser un método importante na loita fronte a Vespa velutina, xa que cada raíña capturada suporá que haberá un niño menos no entorno.
Nun ciclo anual habitual, as novas raíñas nadas no outono anterior emerxen do período de hibernación a finais de febreiro-inicio de marzo, e comezarán a construír o niño do novo ciclo anual. Inician a primeira posta de ovos no niño primario e posteriormente a pequena colonia se traslada ao definitivo niño secundario onde a raíña permanecerá sen abandonalo, ocupándose unicamente da tarefa de posta de ovos, ata a súa morte coa chegada do inverno. Consecuentemente, é necesario aproveitar o período no que as raíñas se mostren activas no exterior do niño na primavera para proceder á súa captura, é dicir, durante os meses de febreiro/marzo a xuño.
As experiencias na loita fronte a Vespa velutina sinalan que a colocación de trampas no entorno dos colmeares presenta unha alta eficacia na captura das raíñas. Deste xeito, un método eficaz de loita fronte esta especie invasora inclúe a colaboración dos apicultores situando as ditas trampas preto das colmeas, renovando o líquido atraente cada certo tempo.
Tanto as trampas como o líquido atraente poden ser caseiros ou comerciais. Ao respecto dos atraentes caseiros, a cera vella fermentada, a cervexa negra ou o sirope de grosella ou de arandos son considerados bos atraentes caseiros, sendo necesario que se repoñan aos 7-15 días, dependendo das condicións climáticas existentes (a máis calor, máis evaporación do atraente) e do volume de vespas capturadas.
É importante que as trampas só sexan colocadas nas zonas onde se detectaron niños, e que o número de trampas se axuste ao necesario. Isto debe terse sempre en conta xa que non existe ningún atraente que sexa totalmente específico para a Vespa velutina, polo que o uso en zonas nas que non se coñeza a presenza desta especie, ou autilización dun número excesivo de trampas vai supoñer que se capturenindiscriminadamente outras especies de insectos, producindo efectos colaterais adversos sobre a entomofauna e poñéndose en risco a biodiversida
Boas Prácticas Agrícolas, Gandeiras e Forestais
Guía de Boas Prácticas Agrícolas, Gandeiras e Forestais (8 M.b)