O patrimonio natural de  As  Estacas

Aves, reptís, mamíferos, plantas,  árbores, …

«A escasos 30 km da costa, estamos nunha área sublitoral da media montaña galega que recibe a influencia directa das frontes atmosféricas que veñen do océano, e que dan lugar a unha das terras máis chuviosas da península Ibérica.»

 

O Bosque

O bosque non é unha simple colección de árbores, e conservalo non quere dicir axardinalo con limpezas e podas para que as árbores crezan rectas e ordenadas. Son ecosistemas, dinámicos no tempo, nos que milleiros de especies especializadas están continuamente adaptándose aos nichos ecolóxicos e hábitats creados pola desorde, polo ciclo sen fin de vida e morte, de produción e descomposición das árbores que dominan e marcan a paisaxe.

Nas beiras do río Alén e doseui afluente o Río da Portela do Foxo atopamos un exemplo de bosque relativamente  maduro. A madurez reflíctese na diversidade de especies e tamén na diversidade de idades entre as árbores, con zonas de nova rexeneración, outras con grandesárbores maduras, e outras conárbores xa en proceso de morte e descomposición.

A diversidade de tamaños de árbores no bosque maduro (“diversidade estrutural”) crea zonas máis escuras onde o sotobosque está dominado polos fentos, a hedra e os musgos, pero ntamén crea zonas máis abertas, que son aproveitadas por especies que precisan máis luz, as cales forman un estrato arbustivo de porte máis alto, como é o caso de estripeiros, loureiros, pereiras, silveiras, etc.

Nestes claros é precisamente onde seconcentra moita da fauna do bosque: réptiles como o lagarto das silveiras(Lacerta schreiberi), que precisa a insolación para se quentar. Bbolboretas como o podalirio (Iphiclides podalirius), que se alimenta nas flores dos estripeiros e silveiras. Aves pequenas como o ferreiriño rabilongo (Aegithalos caudatus), que aniña dentro das densas silveiras que o protexen.

Este denso sotobosque tamén é aproveitado por animais máis grandes.
As fragas das serras acollen as derradeiras parellas reprodutoras no sur de Pontevedra de cazadores como o gato bravo (Felis sylvestris) ou o bufo real (Bubobubo). Estes depredadores, cazadoresno monte aberto pola noite, precisan do acubillo da vexetación densa do bosque durante o día para se refuxiaren e criaren a súa descendencia.

Lucanus cervus.
A vacaloura depende da madeira en  putrefacción para a súa reprodución, principalmente da dos troncos de carballos vellos
O fungo Inonotus radiatus,

no tronco dun amieiro vello

Bosque de ribeira
Iphiclides podalirius
Accipiter gentilis  – Azor
Osmunda regalis / Fento real.

A matogueira

As distintas comunidades de mato da serra correspóndense con fases de substitución dos bosques que anteriormente a ocupaban e que desapareceron  por obra do lume, das cortas e do pastoreo. Trátase de ecosistemas seminaturais, e a súa formación e permanencia no tempo é a máis clara indicación da interacción entre o ser humano e a paisaxe.

As distintas orientacións xeográficas, humidade edáfica, profundidade dos solos ou altitude, condicionan a diversidade de especies das formacións de matogueira.

Aínda que polo xeral o mato é o substituto do bosque, iso non quere dicir que necesariamente sexa ecoloxicamente inferior. De feito, a matogueira é o hábitat dalgúns dos nosos animais máis emblemáticos: de especies protexidas como a cobra de escaleira ou a avenoiteira cincenta, de endemismos como a víbora de Seoane, e dos reis da serra como o lobo, a tartaraña cincenta e a aguia albela.

A continuación examinamos máis polo miúdo algúns dos grupos máis rechamantes dos hábitats abertos: os mamíferos, as aves e os réptiles e anfibios.

Os mamíferos

Nun tempo pasado na serra mandaban
grandes mamíferos como o oso (Ursus arctos),
o cervo (Cervus elaphus), a cabra brava (Capra
pyrenaica) e quizais incluso o lince ou lobo cerval (Lynx pardinus). No século XXI xa non quedan osos e os verdadeiros moldeadores e conservadores das paisaxes do Suído son as greas de cabalos bravos (Equus caballus) e as vacas (Bos taurus).

Manexadas en réxime extensivo, manteñen a diversidade vexetal e animal das nosasmatogueiras ao crearen mediante o pastoreo un mosaico de parcelas en distintos estados de crecemento, e ao evitaren o peche do mato.

Estas mandas de animais semisalvaxes son aproba da capacidade do monte para acoller grandes ungulados. Porén, e para desgusto dos seus propietarios, tamén constitúen o piar da persistencia na serra dunha das especies salvaxes máis mitolóxicas da cultura europea, o lobo (Canis lupus).

A piques de compartir destino con osos e linces no século pasado, a perda de poboación humana duns montes noutrora intensamente traballados foi a salvación deste magnífico cazador. Desaparecido xa das serras costeiras, na actualidade as serras do Suído, Coto de Eiras e Faro de Avión acollen o núcleo poboacional do cánido no sur da provincia de Pontevedra.

A supervivencia do lobo é posible grazas ás amplas  superficies de matogueira nas que atopa acubillo e lugar de reprodución, e mais á existencia de numeroso gando maior en semiliberdade, a presa básica da que depende.

A existencia de seis foxos do lobo nas tres serras amosa que o conflito lobo-gandeiro vén dende tempos inmemoriais.

 

 

As aves 

As aves dos espazos abertos son as outras grandes beneficiadas da dominancia da matogueira no Suído.

Aas aves gozan do mosaico de parcelas arbustivas en  distintos estadios de crecemento, ademais de formacións herbáceas e pequenas áreas de bosque. Aquí atopan unha ampla gama de hábitats para aniñar, cazar e alimentarse, así como para refuxiarse.

O abandono das prácticas tradicionais de manexo do mato, a construción de infraestruturas e mais as reforestacións con  especies alóctonas, provocan que os hábitats de  atogueira en bo estado estean en franca regresión, e que, como consecuencia directa, as aves que dependen deles tamén o estean. A dramática redución nas derradeiras  écadas da poboación de perdiz (Alectoris rufa), noutrora abondosa na serra, é un claro exemplo.

A estabilidade da poboación de cada especie nesta situación depende en gran maneira da superficie de hábitat que  recisa para se manter. Unha parella de cotovías (Lullula arborea), por exemplo, só precisa dun territorio de 4 ha de mato para sacar adiante a súas roladas de polos; unha de avenoiteiras (Caprimulgus europaeus), porén, precisaría 10 ha. Como contraste, as grandes aves rapaces que encabezan a cadea trófica son moito máis vulnerables á perda de hábitat.

A rapina cincenta (Circus pygargus) ou a aguia albela (Circaetus gallicus) necesitan ata 2.500 ha de superficie de caza por parella. De momento aínda doadas de atopar na serra, a súa continuada supervivencia está pois intimamente
ligada ás políticas de conservación ou de desenvolvemento
destes hábitats seminaturais.

 

 

 

Os réptines e anfibios

O Suído é fogar para polo menos 13 especies de réptiles e  12 especies de anfibios, moitos deles rarezas protexidas a nivel europeo. Aquí atopan lugares de alimentación, refuxio onde criaren e áreas abertas con forte insolación, necesarias tanto para quentárense como para atoparen lugares  propiados de hibernación.

A maioría dos réptiles están intimamente ligados a zonas de mato con mosaicos de pasteiro, como a víbora de Seoane (Vipera seoanei), o lagarto das silveiras (Lacerta schereiberi), ou o escáncer (Chalcides striatus).

Outros réptiles como as cobras de auga (Natrix spp.) e os aliscrán (Anguis fragilis), están máis asociados a praderías húmidas e matogueiras higrófilas, onde comparten hábitat con anfibios como o pintafontes verde (Triturus  armoratus),
a ra patilonga (Rana iberica) e mais o sapo corredor (Epidalea calamita).

As penedías agochan as especies termófilas, isto é, as que precisan das zonas máis quentes e soleadas, como o lagarto arnal (Timon lepidus), a lagarta dos penedos (Podarcis hispanica), ou o cobregón (Malpolom mospessulanus).

 

 

As turbeiras 

 

Nos planaltos montañosos, onde asolagamentos, baixas temperaturas e escaseza de osíxeno fan que os procesos de descomposición da materia orgánica se vexan ralentizados, atopamos as turbeiras. Sobre a materia vexetal sen degradar medra unha vexetación característica, dominada por musgos do xénero Sphagnum. As  equenas turbeiras da Serra do Suído son das poucas da provincia de Pontevedra.

As turbeiras representan o lento proceso de colonización polo Sphagnum dunha lámina de auga dunha zona cha mal drenada. A base da acumulación de materia gánica procedente destes musgos e doutros restos vexetais fórmase a turba. Co paso do tempo, créase unha paisaxe con elevacións do terreo en forma de túmulos de turba e vexetación no entramado dunha rede de canles asolagados.

Son ecosistemas extremadamente pobres en nutrientes, xa que non se degrada gran parte da materia orgánica. Ademais do asolagamento e a falla de osíxeno, ese é o factor que determina que plantas poden sobrevivir aquí. Ben adaptadas a estes medios están as plantas insectívoras como a orballiña (Drosera rotundifolia), que suple a baixa dispoñibilidade de elementos esenciais no solo capturando pequenos insectos a través dos pelos pegañentos das súas follas.


As diferenzas de humidade gradúan a vexetación asociada dende as formacións de mato higrófilo de Erica tetralix e Erica ciliaris e as praderías encharcadas de  ardus stricta das zonas do bordo, pasando polas formacións de ciperáceas das zonas máis enchoupadas nas que destaca a herba de algodón (Eriophorum  ngustifolium), ata as zonas permanentemente asolagadas nas que domina o Sphagnum. Nas praderías húmidas non é difícil atopar especies vexetais protexidas como os amarelles (Narcissus cyclamineus, N. triandrus), orquídeas como a Dactylorhiza maculata, ou herbáceas como a xanzá (Gentiana pneumonanthe), soporte trófico de especies protexidas de bolboretas.

O grupo animal máis representativo destes ecosistemas pola súa diversidade e número de especies protexidas é o dos anfibios, podéndose reproducir nas lagoas dunha turbeira da serra ata oito especies distintas de anuros e urodelos.

Ademais, as turbeiras proporcionan unha importante área de alimentación e auga para numerosas especies de fauna, dende aves migratorias ata o propio
gando doméstico. Estes ecosistemas teñen un papel fundamental sobre todo no ciclo hidrolóxico, ao funcionar a turba como unha enorme esponxa que retén a auga de choiva para liberala paulatinamente. No escenario actual, marcado polo quecemento global do planeta debido ao incremento nas emisións de CO2, as turbeiras realizan unha función destacada como medios sumidoiros de carbono ao fixalo en forma de turba.

Xa que logo, podemos afirmar que as turbeiras constitúen o ecosistema máis singular que se pode atopar nas nosas serras, pois están moi limitadas na súa distribución, e son o hábitat para flora e fauna rara na Península Ibérica. Sen ningún xénero de dúbida, son os ecosistemas máis necesitados de medidas de  onservación e de proxectos de restauración da serra, tanto pola súa singularidade e rareza como polos servizos ambientais que prestan de balde á nosa sociedade.

FONTE:
INVENTARIO de HÁBITATS y ESPECIES de INTERÉS COMUNITARIO en el ESPACIO NATURAL SIERRA de O SUÍDO
Santiago Barciela García
David Brown
Xan Inacio Amoedo Lueiro