O patrimonio etnográfico de  As  Estacas

Foxo de lobos, neveiras, pontes medievais, chouzos,…

a paisaxe cultural nesta zona, é de extraordinario interese ao atoparse o único foxo dobre de lobos documentado e un dos mellor conservados de toda Galicia”.

O foxo dos lobos

Coordenadas: 42°17’53.98″N   8°25’10.50″O  / 42.2983 N, -8.41957 O

Esta zona do Suído, reúne as condicións óptimas para a gandeiria extensiva (aínda hoxe en producción). Por iso, os seus antigos poboadores construiron este “foxo”  coa idea de protexer o seu gando  previndo o ataque do lobo. O foxo do lobo é unha trampa ancestral para a captura do lobo e de outras “alimañas” como se decía.

Hai varias tipoloxías, sendo a de converxencia a máis común.

Neste caso trátase dun foxo de dobre converxencia ( MOI ESCADOS).

Debuxo de Paco Baluda.

A trampa consistía en dúas( 4 NESTE CASO) longas paredes (sebes) de manpostería seca , que se ían pechando ata un pozo circular de tres ou máis metros de ancho . Este pozo tiña unha pequena entrada por onde pasaba o lobo, e que logo se pechaba para que non saira.

Chegado o momento, convocábanse aos veciños, que se reunían e ian ao monte , montando barullo e levaban pouco a pouco ao lobo a entrar entre as sebes, fecendo que se adentrase na trampa…

” Cando o animal chegaba ao corredor, saian os nenos dos seus escodedoiros e espantábano tirándolle  pedras; o lobo ía así a cair no pozo. Unha vez dentro era rematado”.

Mentras uns ‘corrían ó lobo’, outros ‘gardaban as cancelas’ ( pequenas portas que hai nas paredes, polas que atravesan camiños) para que non fuxise por elas.

A neveira da chan da anduriña

Coordenadas: 42°17’53.98″N   8°25’10.50″O  / 42.2983 N, -8.41957 O

Moi preto do foxo dos lobos a 80 m ao sureste, atopamos unha neveira en estado de ruina. a sua planta supera os 12m. de diámetro. Trátase dunha construción circular, construída en fábrica de cachotes de pedra colocadas a soga e tizón.

As neveiras contan cunha estrutura estanca que permite o almacenamento de neve que unha vez prensada se converte en xeo.
Os pisos e paredes estaban illados, aínda así se colocaban a maiores capas de palla e outras materias vexetais para evitar o contacto da neve coa pedra e entre as propias capas de neve para separar o xeo. As persoas responsables tiñan que limpar e rozar moi ben toda a zona lindante de maleza, nun mantemento previo e anual, que garantise a boa calidade do produto e un mellor aproveitamento da neveira.

Por regra xeral as neveiras estaban localizadas en lugares resgardados dos ventos da montaña, para impedir que se derretexe o xeo, como no noso caso nunha zona fría e en sobra na penechaira resgardada de Chan de Anduriña, e nunha altura suficiente que impedise o desxeo.
A neveira debía estar ben comunicada e ter un bo aceso para achegarse cos carros co material necesario para o encerro da neve e logo para o transporte rápido do xeo.

A existencia dunha vía de paso como é a representada na actualidade pola PO 255 cubre perfectamente esta necesidade no caso que nos ocupa. A baixada no xeo da montaña realizaríase polos camiños actuais ata o lugar de Portela do Pozo, topónimo que pode aludir a existencia da Neveira.

Chegadas as neves, e desexando que estas fosen copiosas, mediante pas e a man enchíase a neveira de neve que se ía apisoando mediante pisóns de madeira en capas de 50-60 cm., para facilitar o seu cortado posterior, que facilitaba separando de novo cada capa de neve con palla.
O traballo era moi duro, soportando friaxes e xornadas nocturnas, aínda que os días fosen soleados as xornadas para aproveitar ao máximo o tempo das neves, serían frías, longas e esgotadoras.
Chegado o verán cortábase o xeo cunha laia e se transportaba mediante carros ao seu destino, suponse que cara un mosteiro achegado. Este traballo facíase maiormente de noite para que no traxecto o xeo transportado sufrise as menores perdas posibles (que podían minguar ata nun 20 e 30 % da carga).

Segundo todo o expresado queda, meridianamente claro, que nos atopamos ante un caso singular e moi interesante da arquitectura e a economía medieval de Fornelos de Montes e, por extensión, de toda a provincia e de Galicia.

Fontes:
> http://loslugarestienenmemoria.blogspot.com.es/2012/

> INFORME SOBRE O VALOR ARQUEOLÓXICO E CULTURAL DO PATRIMONIO DA PARROQUIA DE ESTACAS NO CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES (PONTEVEDRA).
AUTOR: A citania, arqueoloxía xestión do patriomio cultural