Comunidade de Montes Veciñais de As estacas

 

11 de Xaneiro de 2019

 

Inauguración do local Social da Comunidade de Montes .

 

– Presentación do conxunto  de chozos descubertos por esta comunidade, cunha conferencia de Xurxo Constela

>> Ver nota de prensa

689 923 544

comunidademontesestacas@gmail.com

as Estacas, couñago 18, 36851 fornelos de Montes

un patrimonio ÚNICO
un monte sostible e ben xestionado

Acomunidade de montes de As Estacas consegue o primeiro posto no baremos da subvención AGADER ACADANDO UNHA FINANCIACIÓN DO 90%

Presentados o resultados finais da baremación, o noso proxecto resultou ser o que máis puntuación acadou de tódolos presentads dentro do seu apartado.

Rematan as obras no local social da COMUNIDADE MONTES

O reacondicionamento da cuberta, as novas fiestras e portas, o acondicinamento interior, a creación dun baño adaptado,  a instalación eléctrica, o pintado e acondicionamento das fachadas, e un sinfín de melloras. Son o resultado das obras levadas a cabo no local social da comunidade  de montes.

Estado anterior do local:

A SALA DE CONFERENCIAS E A AULÁ DE INFORMÁTICA LISTAS PARA O SEU USO

Rematada a instalación do mobiliario e do equipamento informático. …

PROGRAMA GALEGO DE VIXILANCIA E CONTROl FRONTE A VESPA VELUTINA

DISTANCIAS ENTRE PLANTACIÓNS DE EUCALIPTOS, PIÑEIROS OU ACACIAS E..

Notas de prensa

1ª Ruta guiada polo patrimonio arqueolóxico e etnográfico da parroquia de Estacas.

“As Estacas e o seu abraiante patrimonio cultural”
Domingo 17 de novembro de 2019
De balde e sen inscrición

Saída as 10:00h da mañá de Chan do Marco (Estacas, Fornelos de Montes)

Inauguración do local Social Da comunidade de Montes, e conferencia de Xurxo Constela.

Faro de Vigo , publicado o 4/12/2018

A comunidade de Montes de Estacas en Fornelos de Montes presentará publicamente parte do seu patrimonio, dando a coñecer un xacemento de máis de 30 «chozos» , o foxo de dobre vertente, unha neveira, petroglifos entre outros tesouros locais.

O acto será o vindeiro 11 de Xaneiro, coincidindo coa inauguración do local  social da comunidade de montes, e o conferenciante invitado será o arqueólogo Xurxo Constela .

 

 

A comunidade de Montes de estacas descobre máis de 40 chouzos no monte

RTVG, Telexornal serán, publicado o 28/03/2018
7.40″ os chozos….
7.49″…características
7.56″histórico…
8.15″antigüedad

A comunidade de Montes de Estacas en Fornelos de Montes acaba de descubrir máis de corenta chouzos no monte. Son vellas construcións de apoio aos pastores, cunha arquitectura moi especial que lembra un túmulo funerario. O achado únese a un foxo de lobo, a un neveiro e un conxunto de petróglifos, polo que consideran que se podería facer unha interesante ruta etnográfica polo lugar.

Así son os chouzos aparecidos no monte comunal de Estacas en Fornelos,lembran en parte as mámoas.
Están documentados a partir do ano 1550 como construcións de pastoreo, pero na comunidade de montes pensan que son anteriores e que tiveron outros usos.
Na zona hai tamén petróglifos,un foxo do lobo e mesmo un neveiro.
Por todo isto os comuneiros non desbotan que se poda crear unha ruta para que os amantes do medio natural podan gozar da riqueza etográfica dos montes da comunidade de Estacas.

 

Solta de cabalos no monte de Estacas, en Fornelos de Montes

RTVG, Telexornal, 12/06/2018, as 14:29 h.

 

 12 de xuño de 2018
Dende hai unhas horas hai unha manda de cabalos nova no monte de  As Estacas, en Fornelos de Montes. Soltounos alí un grupo de investigación da Escola de Enxeñería Forestal da Universidade de Vigo, no proxecto ‘Estudo e conservación do cabalo galego do monte’. O obxectivo é introducir unha manda destes animais nun monte pechado, para así poder facer unha estimación da biomasa que consomen. O proxecto conta co financiamento da Fundación Biodiversidad

 

 

O Foxo dos lobos

A ponte sobre o río Couñago

Petroglifos de bustelos

...a vía Mariana

Por esta terras pasa a Vía Mariana. Unha ruta que une os principais santuarios marianos dende Braga ata Muxía. Plantésaxe como «eixoe dinamizador sociocultural económico das Terras de Montes. Baixo o nome de «Vía Mariana», a iniciativa aspira a crear unha gran ruta de peregrinación mariana entre Galicia e Portugal.

Limpando as marxes do río

Na costa do Alén, un antigo paso de Arrieiros.

… descubrindo elementos patrimonias

Na labor de desbroce  e adecentamento, a veces  atopámonos con sorpresas como esta estela funeraria en honra dunha muller morta en estrañas circustancias na costa do Alén.

“Comunidade de montes en macomun de As Estacas»